Saltar navegación

Corda

Tensamos a corda!

xente corda
pch.vector (Freepik). Gente tirando de los extremos opuestos de la cuerda ilustración plana (CC BY)

INSTRUMENTOS DE CORDA

Escoitades iso? É como soa unha corda cando se tensa. Se lle damos tensión a un fío ou unha corda, coseguimos que sexa máis sensible cando o tocamos e facilitamos que vibre, e este é o principio básico polo que se rixen todos os intrumentos de corda. Canto maior sexa a tensión o son producido será máis agudo, xa que o número de vibracións da corda tamén aumenta; polo contrario cando destensamos o son resultante será máis grave. 

Por agora temos claro que os instrumentos de corda... teñen que ter corda non? É un bo comezo! Pero dentro desta familia podemos facer unha clasificación dependendo da maneira que teñen as persoas de tocar as cordas do instrumento. Continuade polas lapelas para saber máis.

CORDA FRETADA

Poderíamos dicir que nos instrumentos de corda fretada as persoas acarician as cordas, sen necesidade de golpealas ou beliscalas. Xeralemente realizan un movemento continuo e suave, cunha ferramenta chamada arco. Estaredes pensando... "como o de Robin Hood?" Pois a verdade que si, a parte de madeira é semellante, pero en vez de ter unha corda os arcos que se empregan na música fanse de pelo de cabalo por ser un material resistente e delicado ao mesmo tempo. Por suposto o cabalo non sufre ningún dano, é coma se pasara polo perruqueiro!

Na seguinte imaxe podedes observalo en detalle:

Violín
Pianoplonkers. German, maple Violin (CC0)

CORDA PULSADA

Estes intrumentos de corda empregan un sistema de beliscado, é dicir, temos que facer vibrar as cordas empregando as nosas propias mans. Ben é certo que en ocasións tamén se recurre a ferramentas como as púas (pequenas pezas de plástico que fan a función das uñas), e o xeito de tocar varía dependendo do intrumento. De novo aquí atopamos diferentes materiais para as cordas, que poden ser de nailon ou de metal

Na seguinte imaxe podedes botarlle un ollo a como se toca unha guitarra ca púa. 

púa
racool-studio (Freepik). Foto gratuita música, primer plano. joven músico con guitarra electro (CC BY)

CORDA PERCUTIDA

Os intrumentos de corda percutida son aqueles que empregan algún sistema mecánico para golpear as cordas e así xenerar as vibración que producen o son. Xeralmente, como acontece no caso do piano que tedes no vídeo a continuación, emprégase un sistema de teclas que son pulsadas polo intérprete e que activan un pequenos martelos, que finalmente golpean as cordas como se dun resorte se tratara. 

A que nunca lle botáchedes un ollo ao funcionamento dun piano no mentres se toca no interior? Fixádevos ben, porque é toda unha obra de enxeñería!

Benoît Prieur. Little Einstein Erevan - piano (CC0)

A familia de maior a menor

violín
Upklyak (Freepik). Músico callejero banda personas vector ilustración hombre feliz (CC BY)

O violín é sen dúbida un dos principais representantes dos instrumentos de corda. Na actualidade teñen catro cordas, pero nas súas orixes alá polo século XVI (ano 1500) soamente se fabricaban con tres. Co paso do tempo a súa familia ampliouse, como sabedes, ata chegar ao número de catro integrantes como temos agora. Todos eles teñen moito en común, pero debido principalmente o seu tamaño o timbre cambia e permítenos diferencialos sen problema. Escoitade! 

Violín
Viola
Violonchelo
Contrabaixo

Na seguinte actividade  deberedes ordenar de maior a menor os membros da súa familia comezando polo máis grave, ata finalmente rematar co máis agudo. Imos aló!

  • Contrabaixo
  • Violonchelo
  • Viola
  • Violín

Probamos sorte!

Correcto!

Síntoo... a resposta correcta é:

Para saber máis...

Unha das partes máis características desta familia é a súa caixa de resonancia, o lugar onde se produce a maxia, cunha silueta curva nos extremos e unha cintura típica en forma de "C". Constrúese empregando diferentes madeiras, dependendo da peza, e na seguinte imaxe podedes observar todas as pezas que compoñen o crebacabezas!

Partes violín
Flotis (Wikimedia Commons). Partes violín (CC0)



Pica na seguinte imaxe para regresar ao tema principal!

Feito con eXeLearning (Nova ventá)