Saltar navegación

Electrófonos

Electrizante

Electricidade
vectorjuice (Freepik). Batería de seguridad (CC BY)

Mmm.. o ruido faise un pouco incómodo, verdade? Pois é o problema co que deben lidiar máis dunha vez moitos músicos que tocan instrumentos que precisan un amplificador (altofalante moi potente) para soar. Os tempos que corren exisen saber manexar correctamente este tipo de aparellos tecnolóxicos!

Como colfón final, deterémonos un momentiño a falar dunha familia de recente creación, coñecida como os instrumentos electrófonos. Evidentemente na antigüedade este tipo de instrumentos non existían, xa que as persoas non tiñan a posibilidade de conectar ningún aparello á rede eléctrica. Cas melloras da tecnoloxía, deseñáronse aparellos capaces de transformar, modificar ou amplificar o son que producían os instrumentos naturais existentes.  Foi o comezo deste novo grupo de instrumentos nos que se emprega a electricidade co fin de mellorar ou potenciar o son, e nalgúns casos é indispensábel para que o poidamos escoitar. A guitarra eléctrica, o baixo eléctrico, o teclado ou calqueira instrumento que precise dun amplificador para escoitarse estará dentro desta familia tan importante na actualidade. 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)