Saltar navegación

Agrupacións vocais

Clasificamos as voces

coro
Freepik (Freepik). Grupo de niños cantando en un coro ilustrado. (CC BY)

Agora que xa coñecemos os tipos de instrumentos e as súas familias, centrarémonos na parte vocal da nosa composición. Como comentaramos no apartado "Ollo o dato", o timbre é a calidade do son que nos permite identificar os diferentes instrumentos, pero por suposto tamén acontece isto cas voces. Cada persoa ten unha voz única, que facilita o seu recoñecemento ata cos ollos pechados! 

Pois ben, como acontecía no mundo dos instrumentos musicais, as voces tamén se clasifican en diferentes grupos para facilitar un orden lóxico e poder escoller a que máis nos gusta sen necesidade de escoitalas todas! O elemento que teremos en conta para facelo é o seu rexistro, que é a capacidade vocal que ten unha persoa para emitir todas as notas da escala musical dende a máis grave ata a máis aguda. Evidentemente isto está moi relacionado co xénero, a idade ou mesmo a propia fisionomía de cada un/unha. 

Por diversos motivos, en ocasións os produtores e as produtoras recurren a voces máis graves e profundas, ou ben escollen un estilo propio para voces máis agudas e potentes. A elección da voz axeitada cambia por completo o significado dunha canción. En ocasións precísase recurrir a unha agrupacion de voces, que recibe o nome de coro.

No seguinte vídeo poderedes descubir máis sobre este tema e coñecer como é a clasificación das voces. Non perdades ollo!

CEIP Obispo Blanco. La voz (Youtube) (CC BY-NC-SA)

Todo listo, verdade? Deseguido realizaremos unha actividade de encher os espazos en branco empregando a información que acabades de ver. Se tedes dúbidas podedes visualizar o vídeo tantas veces como precisedes, e lembrade escribir sen faltas de ortografía para correxir as preguntas. Imos aló!

As voces das persoas son todas diferentes, pois cada un/unha de nós ten un especial. Para facilitar a clasificación das voces empregamos o seu , que é a capacidade que teñen para emitir sons graves e agudos. 

Nas voces masculinas, a máis grave é o mentres que a máis aguda é o ; no plano intermedio atópase o . Nas voces femininas, a máis grave coñecese co nome de , depois temos a mezzosoprano e finalmente a máis aguda que é a

As voces de nenos, como atópanse en cambio continuo e non amosan moita diferenza por cuestión de xénero denomínanse voces . A agrupación formada por moitas voces (masculinas e femininas) recibe o nome de .

Audio 1
Суховей Сахарський. Чайковский Ария Гремина из оперы Евгений Онегин Борис Христов (CC0)
Audio 2
donizettisoprano (Youtube). Montserrat Caballe - La zingara - Gaetano Donizetti (CC0)

A voz que acabamos de escoitar no primeiro audio correspóndese coa voz de , mentres que o segundo audio é claramente unha .

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)