Saltar navegación

Xeneralizamos

A música... ten xénero?

Pregunta

banda
Brgfx (Freepik). Dibujos animados de niños de banda de música (CC BY)
Alexander Nakarada (CreatorChords). Trash FM (audio logo) (CC BY)

Como acabades de visualizar no vídeo inicial desta unidade, a idea principal é facer un percorrido por algúns dos principais xéneros musicais, os máis amplamente coñecidos, identificar as súas características e singularidades e así poder recoñecelos para escoller despois un deles na nosa propia creación.

Antes de poñernos mans á obra, realizaremos unha pequena actividade inicial para valorar os nosos coñecementos previos neste senso, que consistirá en ir respondendo ás diferentes cuestións que se plantexas sobre a temática do xénero na música escollendo unha opción correcta en cada caso de entre todas as que se amosan. Para ler a pregunta soamente deberedes premer no recadro negro que contén o número da mesma. Prestade especial atención á información que acompaña cada apartado, onde se explicará a resposta axeitada. 

Comezamos!

PRIMEIRA PREGUNTA

A música ten xénero feminino ou masculino? 



Suxestión

Nesta actividade non hai un tempo máximo, así que colle o que necesites para realizar a actividade de maneira axeitada e con calma.

Respostas

Pois claro, dependendo de se a interpreta unha muller ou un home. 

Cando se trata dunha agrupación musical o xénero coincide co maior número de persoas que a forman, por exemplo se hai máis homes a música que tocan terá xénero masculino e se hai máis mulleres pois feminino.

Non, a música non ten xénero masculino ou feminino. 

Retroalimentación

Pregunta

SEGUNDA PREGUNTA

A que se refire a palabra "xénero" na música?



Suxestión

Nesta actividade non hai un tempo máximo, así que colle o que necesites para realizar a actividade de maneira axeitada e con calma. Non esquezas o aprendido no apartado anterior!

Respostas

Ten que ver coa época na que se compoñen as cancións ao longo da historia da música. 

O xénero musical fai referencia ó estilo e as características dunha obra, e isto permítenos agrupala en diferentes categorías onde comparten elementos en común.

O xénero non indica quen interpreta a peza musical (cantante, artista, músico...), senón que ten que ver con quen a compuxo, se é home ou muller. 

Retroalimentación

Pregunta

TERCEIRA PREGUNTA

Un mesmo artista pode crear diferentes xéneros musicais?



Suxestión

Reflexiona sobre a túa propia experiencia... por exemplo falando de comida. De seguro terás algún alimento preferido, non si? E... gustaríate comer sempre o mesmo aínda que se tratara do teu alimento preferido?

Respostas

Non, se é un grupo de rock ten que facer sempre música de este mesmo estilo, porque non se lles daría ben facer outra cousa. 

Sí, un mesmo artista pode compoñer e interpretar música de distintos xéneros ao longo da súa traxectoria, a vida é moi longa e todos/as pasamos por diferentes etapas que nos fan modificar as nosas preferencias.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova ventá)