Saltar navegación

MÚSICA POP

"Popular music"

Concerto pop
pch.vector (Freepik). Gente de dibujos animados entretenida en festival al aire libre (CC BY)
Sapajou. Above (CC BY)

O xénero da coñecida como música pop ten a súa orixe no Reino Unido e Estados Unidos a mediados do século XX. Isto non quere dicir que a música deste estilo non existira antes en diferentes partes do mundo, pero foi entón cando comezou a empregarse o termo "pop" como abreviatura das palabras popular music (música de orixe popular) na lingua inglesa. A idea principal deste xénero era crear unha tendencia simple, pensada para o disfrute das masas e que todo o mundo puidera entender; cantaruxar as súas pegañentas melodías ou incluso tocar a música das cancións. Noutras palabras, xurde aquí o que agora coñecemos como a música comercial que escoitamos pola radio e que en ocasións cústanos horrores quitarnos das nosas cabeciñas!

Feito con eXeLearning (Nova ventá)