Saltar navegación

Principais xéneros musicais

E ti de quen ves sendo?

mundo musica
brgfx (Freepik). Instrumento maracas sobre fondo blanco (CC BY)

No mundo existen infinidade de xéneros musicais, algúns deles teñen unha orixe definida nun lugar e un tempo concreto pero moitos outros xurdiron de forma esporádica en distintos puntos do planeta, e polo tanto evolucionaron de maneira distinta. Aspectos culturais da sociedade, ideoloxía, desenvolvemento tecnolóxico, ou acontecementos históricos importantes condicionan profundamente a música, que crecerá sempre relacionada co seu entorno próximo. 

Seguramente cada un/unha de vós terá claras as súas preferencias sobre os artistas, bandas ou incluso instrumentos que máis vos gustan. Pero... e se vos pregunto sobre o xénero musical que máis escoitades? Saberíades definilo? Agora ímonos a deter un momentiño a plantexar un pequeno cuestionario para que non queden dúbidas!

QUE XÉNERO MUSICAL ME GUSTA A MIN?

Para realizar esta actividade soamente deberedes pensar no voso artista ou grupo musical máis escoitado. Xa o tedes? Pois ben, o obxectivo do recurso é identificar o xénero musical ao que pertence prestando atención ás características da música que interpreta. Para conseguilo iremos avanzando polas diferentes lapelas que se amosan e seguindo os pasos que se indican en cada caso. Imos aló!

PASO 1

Pensa nunha canción de referencia para ti, esa que non te cansas de escoitar unha e outra vez. Coñeces o nome da persoa ou grupo que a canta? Pois imos cara o seguinte paso!

PASO 2

Neste paso analizaremos a época e lugar na que xurdiu o grupo, xa que isto pode darnos pistas do xénero musical no que podemos clasificalo. Deberás facerte as seguintes cuestións:

  • De donde é o artista ou a banda? En qué idioma cantan?
  • Todavía seguen en activo ou ben xa están retirados?
  • Que idade dirías que teñen os seus membros?

PASO 3

Agora toca fixarse no tipo de agrupación, xa que pode ser representativa dun xénero musical en concreto. Imos cas preguntas!

  • Cantas persoas comforman o grupo? É un/unha cantante solista ou son varias voces?
  • Que instrumentos observas? Trátase dunha formación habitual nese xénero musical?
  • Cantan en directo ou empregan algún tipo de "playback" nos seus concertos?

PASO 4

Neste epígrafe reflexionaremos sobre o estilo da música que interpretan. Agunhas pistas poden ser as seguintes.

  • Como definirías o estilo empregando estados de ánimo? Tranquilo, enfadado, positivo, ambiental, "cañeiro"...
  • En que momentos adoitas escoitar esta canción ou grupo? Facendo deporte, en momentos de relax, cando vas de viaxe, etc.

PASO 5

Chegados/as a este punto deterémonos a analizar o "outfit" ou maneira de vestir que teñen. Poderíamos decir que o look que amosan ten moito que ver co xénero ao que pertencen por norma xeral.  Aquí van algunhas cuestións:

  • Que tipo de roupa empregan nos espectáculos? Fan algún tipo de exhibición nos seus shows?
  • Toda a agrupación (de ser o caso) presenta o mesmo estilo na vestimenta?
  • Dirías que é un estilo moderno e actual, ou polo contrario xa é algo raro ver xente con esa apariencia?

PASO 6

Último e derradeiro paso! Desta volta imos a cambiar a perspectiva, e imos a analizar o seu público. Pode resultar importante para identificar o xénero musical do grupo coñecer as persoas que o escoitan. 

  • Que idade dirías que teñen a maior parte dos/as seguidores/as ou fans?
  • Estás ti nesa franxa de idade ou non?
  • Na túa clase, hai máis xente que coñece ou gústalle ese mesmo grupo ou artista?

Algunha suxerencia de xénero musical? Non vos preocupedes! O normal é ter algunha dúbida, xa que aínda estamos comezando esta unidade e non tivemos tempo para coñecer os xéneros musicais máis escoitados. Casi seguro apostaría que o voso grupo/artista escollido atópase dentro dalgún deles. Iremos un por un e con boa letra, para destacar os aspectos máis importantes. 

Serán os seguintes:

  • ROCK AND ROLL 

  • MÚSICA POP

  • ELECTRÓNICA 

  • HIP-HOP 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)