Saltar navegación

MÚSICA ELECTRÓNICA

Cando e onde?

dj
storyset (Freepik). Ilustración de concepto de chico dj (CC BY)
2TECH-AUDIO. Teamwork (CC BY)

A música electrónica actual xurdiu da man dos avances tecnolóxicos que se produciron en Europa a partir de metade do século XX. Coa chegada dos sintetizadores, aparellos electrónicos capaces de imitar á perfección calquera instrumento real, a música deu un xiro radical xa que a partir dese momento os compositores dispoñían de tódolos instrumentos que desexaran a tan só un clic de distancia. Ademais, este recurso tamén permitía modificar os sons, xogar cas súas frecuencias e modulalos, creando versións innovadoras e diferentes dos instrumentos que xa existían. Como mola!

Feito con eXeLearning (Nova ventá)