Saltar navegación

HIP HOP

Rapeamos!

rapeiro
storyset (Freepik). Ilustración de concepto de caída de micrófono (CC BY)
Alex Productions. Hot Pepper (CC BY)

Quen non soñou algunha vez con converterse nunha auténtica estrela do rap? Pois estades de sorte, xa que chegou o momento que estabades agardando!

Antes de coller o micro, imos a contextualizar un pouquiño este xénero musical tan apetecíbel. O nome "hip-hop" provén do inglés, e o seu significado resulta bastante sinxelo: a palabra "hip" quere dicir cadeira, mentres que "hop" é brincar. Así que se atamos cabos chegamos á conclusión de que a finalidade do estilo, como o seu propio nome indica é mover a cadeira, probablemente debido ao seu ritmo tan pegañento. Xorde en Nova York a finais da década de 1960, nas comunidades afroamericanas e latinoamericanas de barrios pobres coñecidos coma Bronx, Queens e Brooklyn. Trátase en definitiva dunha cultura urbana no sentido máis amplo, que ademáis da música componse doutros elementos de igual importancia coma o breakdance, o graffiti ou a figura do afamado disc jóckey (preme nos enlaces para aceder á procura de máis información).

Feito con eXeLearning (Nova ventá)