Soltamos a parrafada!
- Duración:
- 30
- Agrupamento:
- Ilimitado
Para rematar con este xénero musical, chega por fin o momento tan agardado de soltar unhas parrafadas! A actividade poderá realizarse de maneira individual, se ben a característica principal nunha boa regueifa é precisamente a rivalidade saudábel que sae do enfrontamento verbal entre dúas ou máis persoas. De seguido amósanse todas as indicacións necesaria para levar a cabo a actividade... paseniño a paseniño! Ide premendo nas diferentes lapelas para avanzar.
QUE PRECISAMOS SABER
Cando falamos de rapear, é importante facer que coincida a letra do que queremos contar coa música, de maneira que tanto a nosa mensaxe como o son se perciban sen problemas polas persoas que escoitan. Ó longo desta actividade aprederemos a crear frases para rapear sobre unha base instrumental, sen perder nunca o sentido do ritmo. Imos a contarvos uns pequenos trucos para facer que letra e música coincidan da forma máis sinxela posíbel!
PASO 1- O RITMO
O primeiro que deberemos facer é ter claro un esquema rítmico, é dicir, unha serie de figuras musicais sobre as que despois engadirei a miña propia letra. Os esquemas rítmicos que empregaremos na música hip-hop serán sempre en compás de 4/4, polo que todas as figuras que escollamos non poden superar a duración total de catro tempos! Isto é fundamental, xa que de non facelo non coincidirán a música e a letra. A partir de aí, teredes liberdade total para combinar as diferentes figuras e crear o voso propio ritmo personalizado de catro tempos.
A modo de recordatorio, velaquí vai unha pequena táboa coas figuras musicais que xa coñecedes, os sus nomes (incluído os afamados alcumes) e a súa duración.
Neste caso, o esquema rítmico escollido para facer a demostración (co número de pulsos debaixo) será o seguinte:
PASO 2- GOLPES DE VOZ
Unha vez temos escollido o noso ritmo, o que faremos a continuación é pensar unha letra que encaixe en cada unha de esas figuras... e que teña sentido! Para logralo as palabras deberán contar co mesmo número de sílabas que golpes de voz presentan as figuras. Deberemos ter en conta neste punto que non tódalas figuras aceptan o mesmo número de sílabas, xa que dependerá do número de golpes de voz que conteñan. Na seguinte táboa amósase o número de golpes de voz que presentan as diferentes figuras musicais que coñecedes.
PASO 3- MÚSICA E LETRA
Chegados/as a este punto, soamente deberedes comprobar que o voso esquema rítmico encaixa a perfección coa letra. En realidade un mesmo ritmo podería casar sen problemas con infinidade de versos con letra distinta, sempre que estes presenten o mesmo número de golpes de voz, claro. Aquí tedes outro exemplo para que non queden dúbidas! Os golpes de voz márcanse cunha raia de cor laranxa (vertical), mentres que a duración dos pulsos márcase cunha raia azul (horizontal).
Como podedes observar, mesmo ritmo pero distinta letra. Imos a comprobar como soa!
- Primeiro, escoitamos como sería o ritmo chamando cada figura polo seu alcume, sen necesidade de engadir a letra. Como podedes comprobar, neste senso coinciden a perfección os golpes de voz coas sílabas rítmicas!
- Agora, é momento de escoitar como quedaría este mesmo esquema rítmico se lle engadimos a letra que acabamos de ver nos dous exemplos.
PASO 4- MESTURAMOS!
Chegamos ata o último chanzo, no que mesturaremos a nosa creación poética cunha base musical que nos faga mover a cadeira! Recordade... "hip" e "hop". Para este exemplo, escoitaremos primeiro o tema do acompañamento, e despois un anaco do mesmo xunto coas frases do esquema rítmico anterior. Imos aló!
Menudo temazo! Pois agora toca mesturar todo e comprobar como quedaría o noso esquema rítmico sobre a base musical.
Agora que xa sodes expertos/as na materia, para realizar a actividade en grupo primeiro disporémonos de maneira ordeada, de xeito que estén claras as quendas de intervención de cada quen. Despois, unha vez memorizada a nosa parte, comezaremos a reproducir o acompañamento musical (o que aparece xusto abaixo), e a dinámica consistirá en ir rapeando seguindo a orde establecida e tentando sempre non perder o ritmo. Atrevédesvos?
A improvisación é un recurso especialmente empregado no xénero do hip-hop. Improvisar consiste en compoñer de maneira instantánea, é dicir, crear algo xusto no momento. Pode tratarse dunha improvisación libre, unha serie de rimas, unha fermosa melodía con instrumento musical ou ben calqueira tipo de expresión artistica coma na pintura ou escultura. Tamén se podería dicir que todo o mundo improvisa cando por mor das circunstancias se ten que tomar unha decisión no momento sen agardalo.
Agora ben... seríades quen de tentar improvisar algunhas rimas a modo de regueifa? É unha proposta optativa, por suposto, pero que de seguro pasades un bo rato! Podedes escoller entre as seguintes bases musicais cargadas de bombo, a que máis vos guste.