Unha dose de historia
Non ides a dar crédito, pero para remontarnos nas orixes do xénero musical mundialmente coñecido como "rock and roll" seica imos ter que mollarnos un pouquiño! A teoría máis aceptada afirma que o nome estivo relacionado co mar na antigüedade, e concretamente co ámbito dos barcos. Pois ben, fai alrededor de 400 anos (alá polo século XVII), os mariñeiros empregaban a palabara "rock" para describir o movemento que facía o barco de diante cara atrás ó navegar polas ondas do mar, mentres que "roll" significaba o balanceo dun lado a outro. Polo tanto, "rock and roll" no seu conxunto supoñían a totalidade de movementos que podía realizar unha embarcación. Pero a historia non remata aquí, imos a mergullarnos a fondo!
Un par de séculos máis tarde, sobre o ano 1800, foron os representantes da música espiritual negra da época, coñecida como gospel, os primeiros en sacarlle partido a esta expresión e empregala para describir o balanceo das persoas cando bailan, coma se semellara os movementos do barco. Por diversas circuntancias o termo gañou moita importancia cun xénero musical novo cargado de ritmo e enerxía, que explotou en Estados Unidos a mediados do século XX... que se apropiou do nome. É o nacemento oficial do que hoxe en día coñecemos como "rock and roll".
Se existe un símbolo asociado ao mundo a música rock seguramente o máis coñecido sexa o que tedes na imaxe. Coñecido como "mano cornuta" pola similitude da súa forma cuns cornos, é toda unha icona de rebeldía e inconformismo... pero, sempre tivo ese significado? Pois a verdade que non. En realidade o xesto orixinal provén da antigua Roma, onde era usado para espantar os demonios e os males de ollo, é dicir, desexarlle boa sorte a unha persoa. Como vedes, nun principio o seu significado era completamente distinto. Curioso, verdade?