E agora practicamos...
Despois de practicar os compases e as novas figuracións, imos estudar os seguintes exercicios. Se tendes dúbidas, volvedes ver os vídeos. Sempre con metrónomo!!!
Comezamos cos compases simples, e despois os compostos nas claves de Sol e Fa. Os exercicios van aumentando de dificultade. Practicádeos nesa orde.
Despois comezaremos o estudo da clave Do en 3ª, con ritmos sinxelos para facilitar a súa comprensión.
E por último, faremos un pouco de lectura vertical de notas.
Cada exercicio ten o seu audio correspondente que serve de apoio para o estudo. Intentádeo primeiro sen el, e despois xuntos, para comprobar os erros e solucionalos.
2/2 3/2 4/2
2ª Sesión
6/4 9/4 12/4
2º Sesión
Do en 3ª
Para facilitar a lectura na clave de Do en 3ª, hai un pequeno atallo.
Se vos fixades na partitura, podedes ver que na clave de Do o nome da nota é unha por enriba da mesma en clave de Sol.
O primeiro paso para ler a clave de Do en 3ª é practicar a lectura de notas. Unha vez que o teñamos claro, pasamos aos exercicios.