Clasificación
Os intervalos segundo varios parámetros poden clasificarse en:
- Simples: son os intervalos que non superan a 8ª (2ª, 3ª, 4ª,...).

- Compostos: son aqueles que superan a distancia de 8ª (9ª, 10ª, 11ª,...).

- Conxuntos: son os intervalos que están formados por notas correlativas (son todos os intervalos de 2ª).

- Disxuntos: son aqueles formados por notas que non son correlativas (todos os demais).

- Melódicos: aqueles cuxas notas soan unha despois da outra, sucesivamente.

- Harmónicos: as notas que o forman soan á vez (son a orixe dos acordes).

- Ascendentes: a súa primeira nota é máis grave que a segunda (só os intervalos melódicos).

- Descendentes: a súa primeira nota é máis aguda que a segunda (só os intervalos melódicos).

- Naturais: as notas que o forman están sen alterar.

- Alterados: algunha das súas notas ou as dúas levan alteración.
