Saltar navegación

Esquemas auditivos

Recoñecer a clave de Fa

Neste curso comezamremos a traballar os ditados a dúas voces.

Ata o momento só tiñamos que recoñecer unha liña melódica, que se situaba no rexistro medio da nosa voz, normalmente entre o Do3 e o Do 4. 


O primeiro paso será recoñecer os sons máis graves, que situaremos nunha clave de Fa, que son os que precisamos para a 2ª voz do ditado.


Centrarémonos nun primeiro momento nos graos tonais das tonalidades. Por exemplo, na tonalidade de Do M, traballaremos as notas DO-FA-SOL. 


Escoitade este audio:      

Trátase dunha secuencia de 8 compases coas notas DO-FA-SOL. Tendes que intentar recoñecelas. Se picades no audio poderedes ver dita secuencia. 


Unha vez traballada a voz grave, podemos escoitar esta secuencia acompañando a unha melodía moi sinxela, por graos conxuntos, que nos permita sentir a sonoridade das dúas voces á vez. 



Feito con eXeLearning (Nova ventá)