Saltar navegación

Intervalos compostos

Analizamos os intervalos compostos

Para analizar un intervalo composto precisamos coñecer o seu número e a súa especie. 

Para o número, ao igual que cos intervalos simples, contaremos cada unha das notas que o conforman. 

Por exemplo, neste intervalo contaremos cada unha das notas que hai entre elas: 

SOL4 LA#5                       

SOL LA#5 con números en cada nota que hai entre elas, dende o 1 ata o 9  Polo tanto, é unha 9ª.

Para saber a especie dun intervalo composto, o primeiro paso que temos que facer é convertelo nun intervalo simple. 

SOL LA#4 cunha frecha para abaixo, unha 8ª, en puntiños o LA#3, o intervalo SOL LA#3 con 2ª aumentada, e o intervalo SOL LA#4 con 9ª aumentada   

Ao analizar o intervalo simple, teremos xa a especie do intervalo composto, xa que é a mesma; o único que varía é o número.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)