Definición. Características
Un intervalo musical é a distancia entre dúas notas ou sons.

O intervalo está definido por dúas características:
- O número: é o número de notas que hai nun intervalo.

Sempre se empregan números ordinais: 2ª, 3ª, 4ª, ...
- A especie: é o número de tons e semitóns que hai nun intervalo.

Poden ser: Maiores (M), Menores (m), Xustos (X), Aumentados (A) e Diminuídos (D). A diferencia entre cada un deles é dun semitón ascendente ou descendente. Observa o cadro que segue:

Dependendo do nº do intervalo empregarase un nome ou outro: 
As 4ª, 5ª e 8ª SÓ poden ser Xustas.
As 2ª, 3ª, 6ª e 7ª SÓ poden ser Maiores e Menores.
Todos eles poden ser Aumentados ou Diminuídos.
Para saber que especie ten un intervalo empregaremos a escala de Do como referencia, xa que todos os intervalos que se forman dende a nota Do, son Maiores ou Xustos:

Tomaremos como exemplo este intervalo: 
1º Averiguamos cal é o nº (unha 5ª) e cantos tons e semitóns o forman (3t e 1s). 
2º O comparamos co intervalo de 5ª que parte de Do (Do-Sol- 3t e 1s)

3º Os dous intervalos teñen a mesma cantidade de tons e semitóns, e sabendo que as 5ª na escala de Do, chámanse Xustas, o noso intervalo tamén será Xusto.
Probamos con outro exemplo:
1º O nª é unha 3ª, e ten 1t e 1s. 
2º O intervalo de 3ª que parte de Do (Do-Mi) ten 2t, e sabemos que é Maior. 
3º O noso intervalo ten medio ton menos que o da escala, polo que o noso intervalo sería menor.