Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
O obxectivo é organizar un festival de Malabarismo.
Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
-
Facede parellas ou grupos de 3.
-
Practicade exercicios de malabarismo con 1 pelota.
-
Escollede aqueles exercicios que vos saian ben na parella ou no grupo.
-
Facede o mesmo cos exercicios con 2 e 3 pelotas.
-
Escollede unha música para o voso espectáculo.
-
Poñédevos de acordo no vestiario.
-
Ensaiade unha coreografía para os exercicios.
-
Gravade cada paso.
-
Practicade en casa e no voso tempo libre.
-
Finalmente, facede o voso espectáculo diante da clase. A profesora fará a gravación en vídeo para compartilo con cada grupo ou parella.
-
Editade o vídeo.
-
Compartide o vídeo coa profesora.
-
O día do festival, dade o mellor de vós.
Boa sorte e a gozar do festival!
