. Non é correcto! (CC BY-NC-SA)
Hai determinadas accións que non debes facer cando comezas a facer Malabarismo.
No seguinte vídeo aparecen algunhas desas accións:
Lanzar as pelotas moi altas. É moi difícil calcular cando hai que tirar a seguinte pelota.-
Lanzar as pelotas para adiante, polo que o/a malabarista vai desprazándose cara adiante e perde o punto de equilibrio. -
Lanzar as pelotas cara ao corpo do/a malabarista. A/o malabarista ten que desprazarse cara atrás, e perde o punto de equilibrio. -
Pegar os cóbados ao corpo e xuntar as mans. As pelotas son lanzadas moi baixas e non hai tempo para reaccionar. -
Acumular moita tensión nos ombreiros. Os brazos quedan agarrotados e a coordinación óculo-manual non é boa.
Ollemos o vídeo!