Saltar navegación

6. Malabarismo con 2 pelotas

Malabarismo con 2 pelotas
Carmen García e Manuel Mato. Malabares 2 pelotas (CC BY-NC-SA)

O seguinte paso na nosa aprendizaxe de Malabarismo con pelotas, é engadir unha pelota e así estaremos a facer Malabarismo con 2 pelotas.

Seguindo o vídeo que mostramos máis abaixo, podes ir practicando distintos exercicios de malabarismo con 2 pelotas, comezando polos máis sinxelos e rematando polos máis complicados.

Os exercicios de Malabarismo con 2 pelotas teñen como obxectivos mellorar a nosa coordinación óculo-manual e prepararnos para o seguinte paso, e último na nosa aprendizaxe nesta Unidade, que é o Malabarismo con 3 pelotas.

Imos aló!

Carmen García e Manuel Mato. Malabares con dúas pelotas (CC BY-NC-SA)