Saltar navegación

LE E DECIDE: Verdadeiro ou Falso

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Decide se as seguintes accións son VERDADEIRAS ou FALSAS.

Pregunta 1

1. Cando un exercicio non sae en Malabarismo, hai que seguir facéndoo ata que saia, nunca parar.

Pregunta 2

2. En Malabarismo hai que ter unha rutina de adestramento.

Pregunta 3

3. Antes de facer Malabarismo, hai que quentar. Polo menos, estirar pernas, brazos e pescozo.

Pregunta 4

4. Lanzar cada pelota moi alta é bo para calcular cando hai que ir lanzándoas.

Pregunta 5

5. Se un exercicio de Malabarismo non sae, é mellor descansar e intentalo máis tarde.

Pregunta 6

6. En Malabarismo, lanzaremos as pelotas cara adiante, así podemos desprazarnos para collelas.

Pregunta 7

7. Un sitio bo para facer Malabarismo ten que ser frío e cos teitos baixos.

Pregunta 8

8. Para facer Malabarismo con pelotas, relaxaremos os ombreiros e situaremos as mans un pouco separadas do corpo.

Pregunta 9

9. A coordinación óculo-manual mellórase facendo Malabarismo con pelotas.

Pregunta 10

10. Na nosa rutina de exercicios de Malabarismo con pelotas, é mellor comezar por exercicios sinxelos e ir avanzando cara aos máis complicados.