Saltar navegación

1. Definición de Malabarismo con pelotas

Early Egyptian juggling art
Early Egyptian juggling art (Dominio público)

O Malabarismo con pelotas é unha actividade que consiste en manipular as pelotas para realizar unha serie de exercicios no aire, xeralmente coas mans, aínda que tamén se poden usar outras partes do corpo, evitando que as pelotas caian ao chan.

A persoa que realiza estes exercicios chámase malabarista.

A/O malabarista emprega unha, dúas, tres ou máis pelotas, como iremos vendo nesta Unidade.

Non hai que ser extraordinariamente coordinada/o para facer Malabarismo. O máis importante é:

  • Ser constante.

  • Practicar todos os días.

  • Comezar polas actividades máis sinxelas e ir avanzando, pouco a pouco.

  • Cando un exercicio non sae, non seguir facéndoo.

  • Se as pelotas caen ao chan, pensar que é un paso máis do proceso de aprendizaxe.

  • Ir montando o propio espectáculo de Malabarismo, incluíndo aqueles exercicios cos que nos sentimos cómodos/as e nos saen mellor.