Damos un paso máis na nosa aprendizaxe de Malabarismo con pelotas, introducindo unha pelota máis. Deste xeito, faremos Malabarismo con 3 pelotas.
No seguinte vídeo está explicado, paso a paso, como facer a figura da “Fervenza” con 3 pelotas.
Este exercicio é o máis recomendable para iniciarse no Malabarismo con 3 pelotas e, despois, continuar facendo variantes.
Algúns dos pasos a seguir, e que se mostran no vídeo son:
-
Colocar 2 pelotas na man dominante e 1 pelota na outra man.
-
Comezar lanzando 1 pelota da man dominante (pelota 1).
-
Cando esa pelota estea no seu punto máis alto da traxectoria, lanzar a pelota que está na man non dominante (pelota 2).
-
Cando esa pelota estea no punto máis alto, lanzar a seguinte pelota da man dominante (pelota 3).
-
E ir repetindo este ciclo ata que saia varias veces, sen parar.
Imos practicar a “Fervenza” seguindo este vídeo!