Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Indiaca por parellas.
Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
-
Facer parellas.
-
Formar grupos de 6, xuntándose 3 parellas.
-
A parella que non estea xogando, será observadora e cubrirá a Acta do partido.
-
Cada parella ten que xogar contra todas as parellas do seu grupo.
-
Os primeiro e segundo sets rematarán cando unha parella acade 25 puntos, cunha diferenza de 2 puntos.
-
O partido rematará cando unha parella gañe 2 sets.
-
Se hai que xogar o terceiro set, gañará a parella que acade 15 puntos cunha diferenza de 2 puntos.
-
Se ningún equipo acada os 15 puntos, ao remate da clase gañará o equipo que máis puntos acadara.
-
Cada parella apuntará na Acta o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
-
O respecto ao regulamento do xogo, é obrigatorio.
-
Calquera dúbida durante os partidos, será consultada aos/ás observadores/as ou ben ao/á profesor/a.
Boa sorte e a xogar!