Saltar navegación

5. Sets, puntuación, tempo e cambio de lado

Saúdo ao comezo do xogo
Carmen García e Manuel Mato. Saúdo ao comezo do xogo (CC BY-NC-SA)

Os/as xogadores/as teñen o deber de coñecer e repectar o regulamento de xogo.

A Indiaca xógase ao mellor de 3 sets, polo que cando un/ha xogador/a ou equipo gañe dous sets, rematará o partido.

Gañarase un SET cando:

  • Nos primeiro e segundo sets, cando un/ha xogador/a ou equipo acade 25 puntos, sempre cunha diferenza de 2.

  • No terceiro set, cando un/ha xogador/a ou equipo acade 15 puntos, sempre cunha diferenza de 2.

  • Por razóns de tempo ou dependendo do torneo, este sistema de puntuación pode modificarse, tendo que comunicarllo previamente ao/á xogador/a ou equipos antes de comezar o partido.

O comezo do partido será do seguinte xeito:

  • O/a xogador/a ou un/ha representante por parella ou equipo deciden, por sorteo e en presenza de quen arbitre, que equipo escolle primeiro entre estas dúas opcións:

    • Opción 1: Sacar ou recibir no primeiro set, ou

    • Opción 2: escoller o lado da cancha.

  • O outro equipo ou xogador/a queda coa opción restante.

  • Se hai que xogar o terceito set, volve a facerse este sorteo.

O cambio automático entre lados na cancha sucede:

  • Nos primeiro e segundo sets, cando un/ha xogador/a ou equipo chegue a 12 puntos.

  • No terceiro set, cando un/ha xogador/a ou equipo chegue a 8 puntos.

  • Ao remate do primeiro set, NON se cambian de lado. Comeza sacando o/a xogador/a ou equipo que non sacou no primeiro set.