Nas dúas imaxes superiores, podemos o campo onde se xoga á Indiaca.
O típico campo de Indiaca mide 15 metros de longo por 5 metros de ancho para INDIVIDUAIS e 15 por 7,50 metros para DOBRES E MIXTO.
No caso de xogar 3x3 ou máis, ata 5x5, as medidas son as dun campo de voleibol
Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar a Indiaca non ten estas dimensións, podemos manter o ancho de 5 metros e reducir o longo, por exemplo 10x5 metros.
Fíxate, agora, nas seguintes características do campo:
-
A cancha debe ter unha superficie uniforme e lisa, que non esvare.
-
Hai unha liña central, que ningún/ha xogador/a poderá pisar ou traspasar.
-
Unha rede, situada enriba da liña central, divide á cancha en dúas metades iguais.
-
A cor da rede é normalmente amarela, aínda que pode ser doutras cores se se distingue ben e non perxudica o desenvolvemento do xogo.
-
A altura da rede varía entre:
-
2 metros ata os 12 anos (esta é a que empregaremos nós).
-
2,24 metros para categoría feminina.
-
2,43 metros para categoría masculina.
-
-
As liñas que delimitan o campo forman parte do mesmo, isto é, se a indiaca toca a liña, considérase DENTRO.