Saltar navegación

1. Definición de Indiaca

Indiaca de gomaescuma e plumas
Carmen García e Manuel Mato. Indiaca de gomaescuma e plumas (CC BY-NC-SA)

A Indiaca é un xogo recreativo, de cancha dividida por unha rede e con moitas variantes.

  • Modalidade individual, 1x1.

  • Modalidade dobres e mixta, 2x2.

  • Modalidade de equipos, dende 3x3 ata 5x5.

Para xogar empregamos unha indiaca que está composta por unha base de gomaescuma na que están incrustadas catro plumas.

O obxectivo do xogo é gañar puntos. Para iso, a indiaca, despois de pasar por riba da rede, ten que tocar o chan do campo contrario.

O campo de xogo é similar á cancha de bádminton na modalidade de 1x1, pero coa rede máis alta.

Nas modalidades de dobres, mixta e de equipo, o campo é similar ao de voleibol.

A Indiaca é unha actividade aeróbica, polo que melloraremos as nosas cualidades físicas de resistencia, velocidade, forza e flexibilidade.

As habilidades que desenvolveremos na Indiaca son sacar, recibir, golpear, bloquear e rematar.