Saltar navegación

7. O que está permitido

Icona de correcto ou ben
Carmen García e Manuel Mato. É correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial da Indiaca que está permitido facer.

Fai esta actividade para saber que está permitido facer cando xogas á Indiaca:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.
  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.
  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

ESTÁ PERMITIDO...
Golpear a indiaca cunha man, no saque e durante o xogo. Realizar golpes por riba da cabeza, durante o xogo, non no saque. Durante o xogo, non no saque, bloquear a indiaca.
Golpear a indiaca cunha man, no saque e durante o xogo. Realizar golpes por riba da cabeza, durante o xogo, non no saque. Durante o xogo, non no saque, bloquear a indiaca.
Durante o xogo, non no saque, rematar a indiaca. Golpear a indiaca co pé, se vai moi perto do chan. Saudarse ao comezo e remate do partido.
Durante o xogo, non no saque, rematar a indiaca. Golpear a indiaca co pé, se vai moi preto do chan. Saudarse ao comezo e remate do partido.