A Indiaca xógase cun sistema de punto directo, é dicir, cada vez que a indiaca cae ao chan, anótase un punto para un/ha xogador/a ou equipo.
-
O/A xogador/a ou equipo que saca ten un máximo de 20 segundos para conseguir punto.
-
Se quen saca NON consigue punto en 20 segundos, anótase ao contrario.
-
Quen gaña un punto segue sacando ata que perda ou acabe o set.
-
Mentres a indiaca estea no aire, aínda que sexa fóra dos límites do campo, pódese golpear.
-
A indiaca ten que pasar claramente por riba da rede. Se pasara por debaixo, o punto será para a/o xogador/a ou equipo contrario.