Saltar navegación

LE E DECIDE: Verdadeiro ou Falso

Verdadeiro ou falso

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Decide se as seguintes accións son VERDADEIRAS ou FALSAS.

Pregunta 1

1. Un saque é válido se a indiaca toca a banda branca da rede e pasa ao campo contrario.

Pregunta 2

2. O saque NON pode rematarse ou bloquearse.

Pregunta 3

3. Hai que sacar dende detrás da liña de fondo, golpeando a indiaca por debaixo da pelve.

Pregunta 4

4. Unha xogadora pode golpear a indiaca coas dúas mans á vez.

Pregunta 5

5. Despois de bloquear a indiaca, o/a mesmo/a xogador/a pode golpear a indiaca, xa que o bloqueo non se considera como un golpe.

Pregunta 6

6. Durante o xogo dun punto, a indiaca non pode tocar na banda branca superior da rede.

Pregunta 7

7. Un/ha xogador/a pode golpear a indiaca cunha man e despois coa outra, antes de mandala ao campo contrario.

Pregunta 8

8. A indiaca que cae sobre unha liña, considérase dentro.

Pregunta 9

9. A indiaca non se pode reter e despois golpear, hai que devolvela cun golpe claro.

Pregunta 10

10. Nunca se pode golpear a indiaca co pé.