
Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
O primeiro vídeo que vos propoño é orixinal e está feito con materiais propios.
A voz de fondo está en galego e destácanse os aspectos fundamentais do regulamento de Baloncesto 3x3.
As regras que atoparedes neste primeiro vídeo son as que empregamos nas nosas sesións de Educación Física para o deporte de Baloncesto 3x3 e serven como un resumo a todo o visto nesta Unidade.
Ollade o vídeo para axudarvos a lembrar estas regras básicas do Baloncesto 3x3.
En Internet podedes atopar moitos vídeos sobre Baloncesto 3x3.
- No primeiro vídeo, a FIBA presenta estas 10 mellores xogadas e canastras de partidos de Baloncesto 3x3.
- No segundo vídeo, decatarédevos da relevancia que ten na actualidade o Baloncesto 3x3, xa que é o vídeo de presentación deste deporte nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Esperamos que vos gosten!