
Na imaxe superior podedes ver o campo onde se xoga a Baloncesto 3x3.
A cancha de Baloncesto 3x3 ten forma rectangular.
Aínda que as medidas regulamentarias son 15 metros de ancho e 11 metros de longo, normalmente xógase na metade dunha cancha regulamentaria de Baloncesto.
So haberá unha canastra na que deben encestar os dous equipos.
Algúns detalles da cancha son:
-
Liña de tiros libres: enfronte da canastra, a 5,80 metros.
-
Liña de 2 puntos: un arco de 6,75 metros de radio.
-
Debaixo da canastra: área de semicírculo de non-carga.
En canto ao balón, emprégase un balón específico para Baloncesto 3x3.
Estas son as súas características máis destacadas:
-
tamaño dun balón intermedio, tamén coñecido como tamaño 6;
-
peso como un balón de tamaño 7;
-
polo seu tamaño, adáptase ao ritmo rápido do xogo;
-
polo seu peso, consegue estabilidade nos tiros cando se xoga ao aire libre.
