Saltar navegación

PROXECTO 1: Traballo en equipo. Presentación dixital

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Despois de traballar os contidos desta Unidade, propóñovos a seguinte tarefa en equipos.

O obxectivo desta tarefa é facer a vosa presentación orixinal en soporte dixital sobre as regras básicas do Baloncesto 3x3, para despois expoñela en clase.

Para facer esta tarefa, seguide estes pasos:

  1. Facede grupos de 3-4 persoas.

  2. Podedes buscar en internet outras presentacións, vídeos,documentos...para facervos con ideas de cara á estrutura da presentación.

  3. Facede o índice da presentación.

  4. Repartide as funcións e tarefas de cada membro do grupo.

  5. Establecede un calendario para poñer en común cada parte do traballo.

  6. Facede a presentación final, dándolle formato, establecendo transicións, música, audios, enlaces... e calquera outro elemento que vos pareza oportuno.

  7. Compartide a presentación co/a profesor/a para a súa revisión.

  8. Modificade aqueles aspectos da presentación que o/a profesora/o vos indique.

  9. Compartide a versión definitiva co/a profesor/a.

  10. Preparade a exposición para facela en clase.

  11. Expoñede a vosa presentación en clase.

  12. Contestade ás preguntas que vos fagan.

IMPORTANTE: Usade imaxes e música libre, que non teñan dereitos de autor/a.

Aquí tedes un exemplo de como podería ser o resultado desta tarefa. Os alumnos Raúl Baleirón, Pablo Cuñarro, Xabier Picado e Martiño Rodiño de 1º de Bacharelato, son os autores desta presentación.

Seguro que vos inspira!