Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Baloncesto 3x3.
Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
-
Facer equipos mixtos de mínimo 3 e máximo 4 xogadoras e xogadores.
-
Cada equipo ten que escoller unha capitana ou un capitán.
-
Poñer un nome ao equipo.
-
As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán observadoras/es.
-
Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
-
Haberá un único tempo de 10 minutos. Se hai empate, xógase unha prórroga e gaña o equipo que primeiro consiga 2 puntos.
-
Gañará o equipo que primeiro chegue a 21 puntos ou que máis puntos acadara ao final dos 10 minutos.
-
As/os capitás/áns teñen que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
-
O respecto ao regulamento do xogo é obrigatorio.
-
Calquera dúbida durante os partidos, será consultada aos/ás observadores/as ou ben ao/á profesor/a.
Boa sorte e a xogar!