Saltar navegación

4. Equipos, xogadoras/es e substitucións

Equipos de Baloncesto 3x3 na cancha
Carmen García e Manuel Mato. Equipos na cancha de Baloncesto 3x3 (CC BY-NC-SA)

No Baloncesto 3x3 participan dous equipos.

Cada equipo está composto por un mínimo de 3 xogadoras/es e un máximo de 4 xogadores/as.

Soamente poden estar na cancha á vez 3 xogadores/as por equipo.

Os/as xogadores/as NON quedan eliminados por faltas persoais, xa que estas acumúlanse ás faltas de equipo.

As substitucións son ilimitadas:

  • fanse cando o reloxo está parado ou o balón “morto”;

  • despois de tiros libres;

  • sen avisar a quen arbitra;

  • dende a liña de comezo de xogo;

  • NON pode entrar unha xogadora se a que estaba na cancha NON saíu.

Substitución
Carmen García e Manuel Mato. Substitución (CC BY-NC-SA)