Saltar navegación

1. Definición de Baloncesto 3x3

Dr. James Naismith, profesor de Educación Física, inventor do baloncesto en 1891.
Carmen García e Manuel Mato. Dr. James Naismith, inventor do Baloncesto (1891) (CC BY-NC-SA)

O Baloncesto 3x3 é un deporte de equipo e de contacto físico.

É unha modalidade do baloncesto.

Xógase nunha única canastra.

A cancha de baloncesto 3x3 é a metade da cancha de baloncesto.

Nun partido de Baloncesto 3x3 hai dous equipos. Cada equipo ten un mínimo de 4 xogadores/as e un mínimo de 3, e no campo están á vez 3 xogadores/as. As substitucións son ilimitadas.

O obxectivo do xogo é gañar ao equipo contrario. Para iso, un equipo ten que:

  • conseguir 21 puntos, ou

  • máis puntos que o equipo contrario nun tempo de 10 minutos.

Nun partido de Baloncesto 3x3, as accións de ataque e defensa sucédense moi rapidamente, polo que as cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son botar, pasar, lanzar, saltar e driblar.

A comunicación entre xogadores/as do mesmo equipo é imprescindible.