5. Partidos

Tirando moeda ao aire
Carmen García e Manuel Mato. Tirando moeda ao aire (CC BY-NC-SA)


Antes do comezo dun partido, hai que facer un sorteo, no que están presentes a/o árbitra/o e a/o capitá/án de cada equipo:

  • Quen arbitra lanza unha moeda ao aire.

  • O/a gañador/a do sorteo decide entre:

    • Opción 1: Sacar ao comezo do partido.

    • Opción 2: Recibir ao comezo do partido e, polo tanto, sacar se hai unha prórroga.

  • O outro equipo queda coas opcións restantes.

  • Se houbera pórroga, sacará o equipo que non sacou ao comezo do partido.

O partido terá un tempo de 10 minutos a reloxo corrido.

Soamente se parará o reloxo:

  • nos balóns “mortos” (pasos, dobres, balón fóra da cancha, tempos mortos), e

  • nos tiros libres.

Cada posesión de balón será dun máximo de 12 segundos.

Cada equipo pode pedir un tempo morto de 30 segundos.

O equipo gañador será o que:

  • primeiro chegue a 21 puntos ou,

  • consiga máis puntos ao remate dos 10 minutos.

Se hai empate ao final do partido:

  • prórroga e gaña o equipo que antes consiga 2 puntos.