Saltar navegación

Que vas atopar neste traballo?

Aí falaches! é un traballo pensado para que te achegues ao mundo da fraseoloxía galega empregando un medio en soporte informático. 

Adopta unha estrutura sinxela:

-en primeiro lugar, no apartado Os fraseoloxismos poderás ver unha definición sinxela do que entendemos por este concepto.

-Aparecerán logo un total de seis campos semánticos destacados no índice en letras maiúsculas: A METEOROLOXÍA, O SECTOR PRIMARIO, AS CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS, OS ANIMAIS, OS ALIMENTOS e AS PARTES DO CORPO. Cada un destes campos semánticos vai acompañado dunha presentación breve onde se dá información sobre estes conceptos, de forma que, ademais de fraseoloxía galega,  poderás adquirir coñecementos que gardan relación coa Xeografía e Historia ou Bioloxía e Xeoloxía. 

En cada un deses campos semánticos inclúense un total de oito hipónimos, que son outros tantos conceptos clave ao redor dos que xiran os fraseoloxismos elixidos para que coñezas e traballes con eles.

- De cada un destes fraseoloxismos atoparás unha ficha onde se explica o seu significado e se che ofrecen exemplos. 

-Ademais de  fraseoloxismos, en cada un destes campos semánticos inclúense ACTIVIDADES para aplicar o aprendido.

-Insírese tamén  un apartado PARA SABERMOS MÁIS por se queres ampliar información. 

-Por último, no apartado Actividades de fraseoloxía, atópanse os exercicios para que practiques os fraseoloxismos aprendidos. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0