PARA SABERMOS MÁIS
O clima comprende unha serie de condicións atmosféricas que se denominan elementos do clima. Dentro destes elementos están: a temperatura, a precipitación, a humidade, a insolación, o vento, a néboa, a aridez, a presión atmosférica e tamén a nebulosidade.
Para este último elemento contabilízanse o número de horas nas que o ceo aparece cuberto, en maior ou menor grao, de nubes. Unha nube é un hidrometeoro consistente en diminutas partículas de auga líquida ou xeo, ou de ambos, suspendidas na atmosfera e que, polo xeral, non tocan o chan. Hai varios tipos de nubes.
Se queres repasar coñecementos sobre as nubes pica neste enlace
Tamén podes consultar o tempo atmosférico: