LIÑO MALLAR COMA NO LIÑO Significado: Darlle unha mallleira a alguén Exemplo: Mallaron neles coma no liño Pica na foto para ver o proceso do liño .
TRIGO NON SER TRIGO LIMPO Significado: Non ser boa persoa, non ser unha persoa honesta Exemplo: O que agora dis que é o teu novo amigo non é trigo limpo, afástate del. SER TRIGO MOÍDO Significado: Ser moi doado Exemplo: Quita de aí que o fago eu, isto é trigo moído, deseguida acabo.