MILLO
BOTARLLE MILLO AOS PAXAROS
Significado: Facer algo que carece de proveito ou utilidade.
Exemplo: Non intentes convencela, non razoes con ela, está tan fóra de si que non te escoita, é coma botarlle millo aos paxaros.
TER MILLO NO HÓRREO
Significado: Ter aprovisionamento de algo, ter os recursos para afrontar unha adversidade.
Exemplo: Xa sei que se achega unha época de crise económica, pero eu teño o millo no hórreo porque fun aforrando.