Saltar navegación

Chuvia e sol

CHUVIA

CHOVERLLE A ALGUÉN 

Significado: Dise de alguén que non está no seu san xuízo, que di ou fai cousas incoherentes e sen sentido

Exemplo: A ti chóveche, como te atreves a insultar ao profesor?

COMA QUEN OE CHOVER

Significado: Non darlle importancia a algo, que algo che pareza indiferente ou decidas non prestarlle atención.

Exemplo: Comentáronme que estabas moi triste, pero eu coma quen oe chover. Despois do que me fixeches, dáme igual. 

SOL

ARRIMARSE AO SOL QUE MÁIS QUENTA  

Significado: Buscar a conveniencia dun mesmo, sempre achegándonos a quen cremos que nos vai reportar máis proveito persoal. 

Exemplo: Vaia virachaquetas, sempre se arrima ao sol que máis quenta con tal de saírse coa súa. 

PASARLLE O SOL POLA PORTA

Significado: Deixar pasar unha oportunidade sen aproveitala

Exemplo: Agora non te lamentes de non ter acudido a esa cita de traballo, xa che pasou o sol pola porta. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0