Saltar navegación

Un pouco de Historia...

Novas dende o Novo Mundo!

Recoñeces a melodía do Ditado 1? 

É o tema principal do segundo movemento da  9ª Sinfonía (Sinfonía do Novo Mundo), unha das máis coñecidas de A. Dvorak.  

Antonín Leopold Dvořák naceu en Bohemia (territoria da República checa) no século XIX (1843), e convertiuse no primeiro compositor checo de renome mundial.  

A 9ª Sinfonía é unha obra en 4 movementos que compuxo durante o tempo que pasou en Nova Iork como director do Conservatorio desa gran cidade. É unha obra na que quixo reflectir a música nativa americana e os espirituais. É máis coñecida polo nome de Sinfonía do Novo Mundo, pero na realidade, é un erro de tradución, porque o que o compositor quería expresar era Sinfonía dende o Novo Mundo, amosando a nova música á vella Europa.

O tema que traballastes no Ditado, é o tema principal do segundo movemento, un Largo, que é interpretado polo corno inglés. Máis adiante o interpretarán os violíns. É un tema melancólico que ten tintes nativos coloniais.