Saltar navegación

Deseños rítmicos

As equivalencias

Nalgún momento da vosa traxectoria como músicos, atoparédesvos con pezas onde se producen cambios de compás, non entre os movementos, senón dentro da propia peza. Imos coñecer como se executan estes cambios de compás e a practicalos.


A equivalencia é a relación entre pulsos ou figuras nos cambios de compás. 




Así temos dous tipos: 

Pulso=pulso

Cando aparece esta equivalencia, o pulso sempre é o mesmo. Para que o entendades mellor, podemos deixar o metrónomo soar desde o comezo da obra e nunca cambiaría.

Pero ao executalo pareceravos que hai un cambio de tempo ou velocidade, pero non é así. 

 


Esa sensación débese a que no compás de 3/4 nun pulso entran 2 corcheas, mentres que no 6/8 entran 3, así que pareceravos que ides moito máis rápido, pero mirade o metrónomo e veredes que segue igual. Escoitade o audio para practicalo. 



Figura=figura

Neste caso, a velocidade ou pulso varía pero as figuras teñen a mesma duración. 

 

O compás de 6/8 irá máis lento de pulso porque ten máis corcheas, mentres que ao chegar ao 2/4 teredes que ir un pouco máis áxiles porque son menos figuras.