Comezamos!!!
Estivemos traballando os intervalos, o seu investimento, a súa clasificación e tamén coñecimos por vez primeira as alteracións dobres.
E as enharmonías? Que curioso iso dun mesmo son pero con nomes diferentes, como se un de nós tivera dous nomes!
Agora chégalle o turno as tonalidades, o ciclo de quintas, etc... lembrádelo? Imos repasalo todo para que non quede ningunha dúbida.
Equivalencias? No apartado de ritmo imos traballar os cambios de compás!
E como non, teremos unhas bonitas melodías para interpretar todos/as xuntos/as. Quizais algunha a coñezades!
Imos aló!