O círculo de 5ª
Unha vez que sabemos o que marca a tonalidade e a modalidade dunha escala, imos traballar con elas.
Como vimos no apartado anterior, as escalas que nos serven como referencia son as que non teñen alteracións, é dicir, Do Maior e La menor. Elas amósannos a disposición dos tons e semitóns, e a partir delas podemos descubrir todas as tonalidades empezando por cada unha das notas.
Faremos un exemplo: tomando a escala de Do Maior, como referencia, imos construír a escala de Sol Maior e así saberemos que alteracións forman a armadura desa escala.
Faremos un exemplo: tomando a escala de Do Maior, como referencia, imos construír a escala de Sol Maior e así saberemos que alteracións forman a armadura desa escala.

Para que os semitóns estean nos mesmos graos, temos que colocar un sostido en Fa. Isto indícanos que a armadura da escala de Sol Maior ten un sostido, a nota Fa.

Poderiamos facer este proceso con todas as notas da escala, pero sería moi lento e complicado de facer cada vez que precisásemos saber a armadura dunha tonalidade.
Empregaremos o círculo de 5ª que, como o seu nome indica, está formado por 5ª con todas as notas da escala cromática; con el podemos saber como están formadas as armaduras, que notas as conforman e a relación entre elas. Sempre partimos da nota Do (que é a tonalidade maior que non ten ningunha alteración).

Nestes debuxos, podemos ver as tonalidades Maiores, co número e tipo de alteracións que conforman as súas armaduras.
Por exemplo, Lab M, ten 4 bemois. Nas liñas é moito máis doado velo.
O seguinte paso que necesitamos coñecer é como se forman as armaduras, segundo sexan bemois ou sostidos.
- Para os sostidos empregaremos o ciclo de 5ª dende o Fa
, e a colocación na armadura 
- Para os bemois dende o Si
, e a colocación na armadura 
, e a colocación na armadura 
A partir disto, se sabemos que unha tonalidade con bemois ten 2 bemois, eses serán o Si e o Mi.
É o conxunto de alteracións que se colocan entre a clave e o compás no comezo, e afectan a toda a partitura. 