Saltar navegación

A tonalidade

Definición: tonalidade e modalidade

Imos ver estes debuxos do noso amigo Argen.

 Unha negra animada de cores negra e o traxe gris claro               Unha negra animada de cor dourado, roupa incluída              Unha negra animada toda de cor gris claro

Son iguais? son diferentes? O que podemos comprobar é que son a mesma imaxe pero con cores diferentes, con TONALIDADES diferentes, pero seguen a ser o noso amigo Argen. Cada unha das imaxes poden darnos impresións diferentes. Por exemplo, a última pode parecernos unha foto antiga polos tons grises, pero segue a ser Argen. 

Pois en música ocorre o mesmo: temos diferentes tonalidades pero todas seguen o mesmo patrón (mesma disposición de tons e semitóns na escala); cada unha delas ten o seu carácter e o escoitalas provócannos diferentes sensacións. 


Agora que xa comprendemos un pouquiño mellor que son as tonalidades, podemos definilas:

a tonalidade é a relación dos graos dunha escala coa súa tónica.


Así, esta escala, As notas da escala de DO, comeza na nota Do, polo que a tonalidade será Do. 



Agora imos explicar o concepto de modalidade, que é a que nos indica o modo, Maior ou menor, das tonalidades.


Fíxádevos nas escalas seguintes, nos seus tons e semitóns: 
      
Escala de Do con semicírculos nos tons, e triángulos entre mi-fa e si-do marcando os semitóns      escala de La menor marcando os tons con semicírculos e os triángulos nos semitóns

  

A primeira é a escala de Do Maior e a segunda a escala de La menor. Como podedes ver, segundo o modo, teñen os semitóns en lugares diferentes.  Iso é o que marca a modalidade.

Polo tanto, podemos definila como: 

a modalidade é a dispoción dos tons e semitóns dentro dunha escala