A tonalidade
Empezamos coa parte teórica. Concentración!!!
As tonalidades, coas que xa traballamos o ano anterior, son a base de todas as pezas que cantamos ou tocamos cos nosos instrumentos. Precisamos saber, segundo as alteracións que aparezan na armadura, en que tonalidade estamos.
Para iso, traballaremos o círculo de quintas, que como o seu nome nos indica, de que estará composto? Siii! de 5ª! Por iso estivemos traballando os intervalos.
Entón, imos comezar!