Saltar navegación

O noso propio conto

Creamos o noso propio conto

Duración:
00:30

Neste epígrafe atoparemos a historia anterior por rematar, que deberemos continuar emparellando a narración cos estímulos sonoros que consideremos precisos (empregando a dotación instrumental de aula que atoparedes a continuación). Para levalo a cabo anotaremos no texo entre paréntesis o número do instrumento que consideremos en referencia a esa listaxe.

No seguinte documento podedes ollar o comezo da historia, que é igual para todos e todas, pero o conto evolucionará dependendo da vosa propia imaxinación, de maneira que non haberá un conto igual a outro. Podedes descargar o documento para imprimir e traballar na propia folla. 

Iván Suárez Prada (CC BY)



Facendo ruído

Duración:
00:30
Instrumentos
BRGFX (Freepik) (CC BY)

Como xa sabedes, nesta actividade imos a precisar da axuda de instrumentos musicais ou elementos sonoros que teñamos no noso contexto próximo. Poderase facer individualmente ou en pequenos grupos de traballo de maneira colaborativa. A continuación amósase unha listaxe de instrumentos escolares que se poderían empregar (facer clic no despregable):

Dotación instrumental de aula (Orquestra escolar Orff)

Obxectos sonoros

1.- Pau de chuvia.

 Altura determinada

2.- Frauta de émbolo.

3.- Frauta doce.

Altura indeterminada

4.- Pito

 Percusión de altura indeterminada (IPAI)

5.- Triángulo

6.- Maracas

7.- Paus rítmicos

8.- Axóuxeres

9.- Pandeireta

10.- Pandeiro

11.- Pratos

12.- Caixa china

13.- Claves

14.- Crótalos

15.- Temple Block

16.- Bombo

Percusión de altura determinada (IPAD)

17.- Xilófonos

18.- Metalófonos

19.- Carillóns

Moita inspiración.... e mans a obra! Unha vez rematado o conto, poderedes facer unha representación do mesmo ante o resto da clase, otorgándolle cada un dos instrumentos que empreguedes a unha persoa, que terá que participar en cada intervención do seu instrumento no texto.