O poder da música para contar historias
A música é un recurso moi potente para transmitir información, isto é índiscutíbel. O certo é que dende tempos inmemoriais o son e os instrumentos musicais foron empregados como ferramentas para apoiar e transmitir a información; pensade nas orquestras que acompañaban os grandes espectáculos nas óperas dos teatros do século XVIII, ou máis actual a importancia que teñen as bandas sonoras das películas no cine.
Pois ben, nesta primeira actividade mesturaremos o potencial do son coa literatura. Así de súpeto semella unha tolería, pero xa veredes como funciona!