XUNTAS... PERO NON REVOLTAS!
Nesta parte da unidade centrarémonos en coñecer dúas calidades do son: a duración e a intensidade, que xunto coa altura (que xa coñecemos) e máis o timbre compoñen as catro calidades que ten calqueira son que poidamos imaxinar. Adoitan presentarse da man, pero o certo é que non teñen moito que ver a unha coa outra... e imos a comprobar por que!
Para conseguilo empregaremos unha serie de técnicas non convencionais, como a elaboración dun "cardiograma musical" para coñecer a intensidade do pulso nas cancións ou incluso descifraremos o "código morse" que está agochado detrás das figuras da linguaxe musical para coñecer a duración do son.
Agarrádevos ben que veñen curvas!