Saltar navegación

Código morse

A duración e o código musical

Aparello de código morse
OpenClipArt-Vectors (Pixabay). Código comunicación (CC BY)

Neste apartado imos a tratar un tema moi importante na música: a duración do son. Pois ben, o certo é que do mesmo xeito que as persoas empregamos un código de palabras para poder entendernos cando falamos (na linguaxe oral ou escrita), na música fai xa moito tempo que se creou a linguaxe musical.

A linguaxe musical é a única lingua universal que existe no mundo, e polo tanto emprégase o mesmo código sen importar o lugar do planeta no que nos atopemos, xa sexa en Galicia ou na China.  A pesar de ser unha linguaxe moi elaborada, ímonos a centrar soamente nos elementos que teñen por función traducir a duración do son en símbolos musicais, para que despois poidan ser interpretados.

Para comezar centrarémonos no "código morse musical" unha técnica alternativa que nos permite coñecer a duración dos sons empregando unha serie de liñas horizontais. A lonxitude destas liñas variará en función da duración do son,  polo que canto máis longo sexa un son máis longa será a liña que o representa. 

Descríbese na seguinte imaxe:

Tipos de liñas código morse musical
Tipos de liñas no código morse musical
Iván Suárez. Tipos de liñas no código morse musical (CC BY)

Para debuxar liñas deberemos partir sempre da marxe esquerda, e avanzar sen levantar a man mentres dure o son. Botádelle un ollo ao seguinte vídeo de exemplo e xa veredes que é pan comido!

Exemplo de código morse musical
Iván Suárez. Exemplo de código morse musical (CC BY)



MOITO OÍDO!

Pregunta

A continuación escoitaredes unha serie de códigos morse coma os que acabamos de aprender, e deberemos escoller de entre as diferentes opcións que se presentan a imaxe que máis se axusta a cada código. Picade no arquivo de audio para escoitalo. Comezamos!

1.- Primeiro código:

Iván Suárez. Pista 1 (CC BY)

Respostas

Imaxe A
Iván Suárez. Imaxe A (CC BY)

Imaxe B
Iván Suárez. Imaxe B (CC BY)

Retroalimentación

Pregunta

2.- Segundo código:

Iván Suárez. Pista 2 (CC BY)

Respostas

Imaxe A
Iván Suárez. Imaxe A (CC BY)

Imaxe B
Iván Suárez. Imaxe B (CC BY)

Retroalimentación

Pregunta

3.- Terceiro código:

Iván Suárez. Pista 3 (CC BY)

Respostas

Imaxe A
Iván Suárez. Imaxe A (CC BY)

Imaxe B
Iván Suárez. Imaxe B (CC BY)

Retroalimentación

Descifrando o código morse

Pregunta

Descifrar código
VectorJuice (Freepik). Minería oculta (CC BY)

Unha vez que xa temos dominado o "código morse musical", é hora de descifrar a mensaxe e convertila por fin empregando a linguaxe musical universal.  Que vos parece? Non vai a ser tarefa sinxela, e para logralo deberemos ter en conta varias cousiñas:

As liñas do código morse pódense traducir en figuras propias da linguaxe musical, o imprescindíbel é coñecer a súa duración (número de pulsos) para poder escoller unha ou outra figura.

A combinación das figuras é infinita, polo que deberemos estar moi atentos e atentas para non trabucarnos escollendo as respostas.

No seguinte despregable, amósase a correspondencia entre as figuras propias da linguaxe musical que empregaremos e o seu valor en número de pulsos, o que determina a súa duración.

FIGURAS MUSICAIS

Na seguinte táboa apararecen as diferentes figuras musicais que empregaremos, xunto co seu nome e o número de pulsos que vale cada unha delas. Na última fila atopamos a súa traducción en código morse.

Táboa figuras musicais
Táboa figuras musicais
Yves1953 (Wikimedia Commons). Notes et silences (adaptación Iván Suárez) (GNU/GPL)

É moi importante que escoitedes a claqueta de fondo (ou metrónomo), para levar a conta do número de pulsos que ocupa cada son e poder asocialo a unha figura musical determinada.

A continuación amósase o exemplo dun código morse traducido a linguaxe musical convencional.

EXEMPLO

Iván Suárez. Pista exemplo (CC BY)

O código morse da pista de audio que acabamos de escoitar corresponderíase coa seguinte imaxe:
IMAXE EXEMPLO

Iván Suárez. Imaxe de exemplo (CC BY)

No último paso, se tiveramos que traducir este código empregando figuras musicais resultaría o seguinte ritmo:

Exemplo ritmo
Iván Suárez. Exemplo código e ritmo (CC BY)

E agora sí, chega o momento de descifrar o primeiro código! Para facelo cómpre ter a man un espazo en branco para poder escribir primeiro en morse, e despois traducilo á linguaxe musical convencional empregando as figuras que xa coñecedes da táboa anterior. Imos aló!

Iván Suárez. Pista figuras 2 (CC BY)



Respostas

Retroalimentación

Pregunta

Iván Suárez. Pista 1- Figuras musicais (CC BY)

Respostas

Retroalimentación